O xoves 10 de decembro 2020, desde as 10:00 horas ata as 15:00 horas por motivo dos traballos de mellora da rede que está a levar a cabo o Concello de Oleiros dentro do obras de urbanización do sector SUD-1 “ Cividanes” (Mera) vaise interromper o servizo de abastecemento de auga á parroquia de Serantes. Concretamente os lugares da parroquia de Serantes afectados son Mera, Punxeiro e Canaval.
Tamén queremos informar da alta probabilidade de que se poidan producir episodios de turbidez nas seguintes 48 horas á devandita interrupción da subministración nas parroquias de Serantes, Maianca e Dexo.

Desculpen as molestias.

Reiterar que poñemos, coma sempre, ao dispor de todo os veciños afectados o noso teléfono de atención ao público 981610602.