A Empresa

SERGESCO, SA inicia a súa andaina en 1985, o mesmo ano no que comezamos a xestionar a rede de auga potable do Concello de Oleiros. Desde entón fomos partícipes do desenvolvemento exponencial do abastecemento, pasando dos 3.800 abonados nese primeiro ano ata os case 18.000 que temos nestes momentos.

Durante todo este tempo tratamos de transmitir os valores asociados ao carácter familiar da nosa empresa e dar un servizo próximo e de calidade. É de xustiza mencionar a colaboración dos veciños no desenvolvemento da nosa actividade, especialmente nos momentos de expansión da rede, nos que se constituíron comisións veciñais encargadas de levar a auga a distintos núcleos do municipio.

Na actualidade a actividade de SERGESCO está centrada totalmente na xestión do abastecemento de Oleiros, e traballamos día a día aplicando noso saber facer e investindo en tecnoloxía para ser máis eficientes, sen esquecer a filosofía de “vocación de servizo” coa que comezamos fai xa máis de vinte e cinco anos.