Calidade da Auga

A totalidade da auga que se distribúe no noso municipio cómprase xa tratada a -EMALCSA- (Empresa Municipal de Augas da Coruña) quen garante a potabilidade desde a captación ata os puntos de entrega que se estableceron.

O protocolo de autocontrol sanitario do noso abastecemento céntrase na rede de distribución e depósitos, realizando as analíticas esixidas na actual normativa sanitaria. A parte dos controis diarios realizados polo noso persoal dos distintos parámetros (cloración, ph, etc), periodicamente envíanse as mostras a un laboratorio externo independente e debidamente acreditado cuxos resultados se envorcan á plataforma estatal do SINAC á que teñen acceso todos os cidadáns.

 

NORMATIVA

O Real Decreto 140/2003, de 7 de febrero polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano garante que as augas consumidas por todos os municipios nacionais, sexan controladas, tanto polos xestores dos abastecementos como polas administracións sanitarias locais.

 

INFORMACIÓN

Aquí pode consultar as últimas analíticas:

— Estarán dispoñibles en breve… —

Tamén ten a súa disposición o Sistema de Información Nacional de Aguas de Consumo (SINAC), que centraliza todos os datos da calidade da auga analizada, toda a información atópase dispoñible para todos os ámbitos da administración así como para o propio cidadán.